CRTVG

Buscar

Rafinha podería completar a operación retorno do Celta

Publicado o 01/09/2019 16:02

Polo visto nestas tres xornadas a aposta que fixo o Celta por Denis Suárez era unha aposta segura. Non o quixo o Valencia e o Valencia tampouco quere a Rafinha. Así que podería poducirse a mesma carambola e que o brasileiro tamén regrese a Vigo.

Segundo medios cataláns, o Barcelona taxa a Rafinha en dez millóns de euros. Esta temporada xogou os tres partidos de liga con Valverde. Mañá saberemos se segue o mesmo camiño que un Denis Suárez explosivo neste inicio de campaña.

Noticias web

01/09/2019