CRTVG

Buscar

Rafinha: "O traballo é bo pero precisamos gañar"

Publicado o 27/12/2019 21:19

Rafinha concedeu unha entrevista para a televisión brasileira. Confesou no programa Que Partidazo! o porqué da súa decisión de saír do Barça e xogar no Celta esta temporada.: "O Barça quería que eu quedase, pero eu sabía que se quedaba no Barça despois dunha lesión non tería a continuidade que eu precisaba, e por iso cando o Celta me fala do proxecto... Xa estiven aquí, a miña nai vive aquí e non foi algo doado, pero si era un equipo onde eu me podía sentir na casa e onde podía xogar ao fútbol que era o máis importante para min", sinala.

O menor dos Alcántara tamén se referíu á situación do Celta. "As cousas agora mesmo non están saíndo como a xente quere, pero é cuestión de tempo, porque o traballo que se está facendo está a ser moi bo, pero precisamos gañar". recoñece Rafinha

 

Noticias web

27/12/2019