CRTVG

Buscar

Rafinha e Thiago Alcántara alíanse con Unicef para poñer en marcha unha canle infantil

Publicado o 23/04/2020 19:21

Colaboran outros deportistas, pero a maioría dos contidos achéganos os propios nenos

Rafinha e Thiago aliáronse con Unicef para poñer en marcha unha canle infantil na que os contidos os fan os nenos.
Os irmáns Alcántara foron os primeiros en poñer en práctica as súas ideas. Rafinha en Vigo. E Thiago, en Múnic, preparou un xogo co seu fillo.

Tamén convidaron outros deportistas. Ona Carbonell, Riky Rubio, Busquets... O xogador do Barcelona construiu un labirinto. Pero os principais colaboradores son os nenos, de todos os puntos de España.

E tamén hai participación galega. Ademais do campión de tenis de mesa Alberto Seoane, temos a unha larpeira de Tomiño e a dúas labregas de Gondomar que saben lingua de signos.

 A educación é a outra vocación de Rafinha.

Noticias web

23/04/2020