CRTVG

Buscar

Rafinha: "Cambiamos a intensidade, a actitude e as ganas con respecto ao partido do Vilarreal"

Publicado o 23/06/2020 20:14

Tres días despois de golear o Alavés o Celta vai estar listo para visitar Anoeta. Os xogadores séntense físicamente recuperados. 

Rafinha: "Estamos chegando frescos e está a sorprenderme, grazas ao noso preparador físico e o corpo técnico"

A primeira vitoria posconfinamento tamén puxo de manifesto que a actitude no primeiro partido contra o Vilarreal non foi a correcta. 

"Temos que manter as ganas e a actitude do último partido"

A xornada pode ser propicia para ampliar os catro puntos de marxe co descenso. O Mallorca xoga co Real Madrid. Pero o Celta ten que puntuar en San Sebastián. 

Rafinha: "A Real está entre os cinco mellores equipos da liga"

E despois toca o Barcelona en Balaídos.

A convocatoria para Anoeta inclúe a Hugo Mallo e queda fóra por sanción Okay.

 

Noticias web

23/06/2020