CRTVG

Buscar

Rafael Louzán sabe que a proposta da Federación pode provocar reclamacións xudiciais

Publicado o 16/04/2020 16:56

• Di que a fórmula escollida é a menos mala

O Pontevedra, o Rácing de Ferrol e o Coruxo entenden que, se non se pode xogar habería que anular as ligas, sen ascensos e sen descensos. Son críticos, tamén, coa idea de ter a vindeira temporada unha Segunda B con seis grupos.

Hai clubs no fútbol español da Segunda B que ameazan con ir ao xulgado.

O presidente da Federación Galega sostén que ten o apoio dos clubs da Terceira.

Tal e como comentabamos onte, a idea é: catro ascensos directos dende a Preferente, ningún descenso da Terceira e unha fase final para decidir que equipo sobe a Segunda B.

Todo este escenario de final de temporada supeditado sempre a un permiso das autoridades sanitarias que, polo momento, está lonxe.

Noticias web

16/04/2020