Louzán afirma que non haberá máscaras, pero si tests serolóxicos no fútbol galego
Publicado o 24/09/2020 18:00
No fútbol galego unha cousa está clara, segundo o presidente da Federación: "Non haberá máscaras"
A alternativa é realizar tests. No caso das competicións nacionais lévanse a cabo tests serolóxicos antes de cada partido.
A partir de aí seguen abertas moitas incógnitas como quen se fará cargo do seu custo.
Outra incógnita é cando se podería retomar a actividade. Non hai fixada unha data de inicio para as competicións de ámbito autonómico e deporte base.
Sen saber cando e como volverá o fútbol, na Federación xa recibiron 20.000 solicitudes de licenza.