CRTVG

Buscar

Rafael Louzán: "A selección galega pode volver no 2019-20"

Publicado o 03/12/2018 23:08

Ponse á fronte do Federación Galega de Fútbol por segunda vez. Esta tarde celebrouse en Santiago a asemblea en que foi ratificado no cargo. Louzán inicia mandato coa intención de recuperar a selección galega.

Rafael Louzán, presidente da RFGF: "É difícil. Houbo conversas con tres países suramericanos que nos ofreceran data, pero nos foi difícil xuntar os nosos xogadores, que están no Celta, no Deportivo, no Real Madrid, Barcelona... Para que estean todos é moi difícil. Imos ver se para a temporada 2019-2020 podemos celebrar ese gran día de festa". "E imos intentar, na medida das nosas posibilidades, atopar ese oco para todos os anos poder ter unha cita anual con esa festa do fútbol galego expresada a través da selección galega de fútbol".

Rafael Louzán renova mandato ata 2022 

Louzán estará á fronte do fútbol galego durante os próximos catro anos, ata 2022. Lembren que a súa foi a única candidatura á presidencia da entidade. Canda el esta tarde tomaron posesión en Santiago os 150 asembleístas da Federación. Louzán renova un mandato que cualifica de ilusionante e onde prioriza a atención aos clubs. 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

03/12/2018