Rafael Amargo asegura que co tempo se demostrará a súa inocencia
Publicado o 04/12/2020 21:09
O bailarín Rafael Amargo reivindica a súa inocencia tras a súa presunta implicación nun caso de narcotráfico. Amargo pasou dous días detido despois de que a policía atopase drogas no seu domicilio. O bailarín quedou onte en liberdade con cargos e esta tarde compareceu no Teatro madrileño de La Latina, onde mañá estrea espectáculo. Amargo non quixo falar do seu caso agás para insistir en que o tempo demostrará a súa inocencia.
"Que se pasa un mal trago? Ben, co tempo vaise demostrar verdadeiramente o que xa é máis que demostrable: que é unha cousa da que son inocente porque se non non estaría aquí que é onde teño que estar", asegurou.
Máis sobre actualidade
21/01/2021 16:01