CRTVG

Buscar

Rafa Nadal vence a Cilic e pasa aos cuartos do Aberto dos Estados Unidos

Publicado o 03/09/2019 17:00

E no Aberto dos Estados Unidos, Rafa Nadal xa está nos cuartos de final. O balear precisou de catro mangas para desfacerse de Marin Cilic.

Nadal exhibiu un tenis de moitos quilates, cun repertorio capaz de poñer en pé a pista central. Mesmo foi quen de meter esa bóla polo exterior da rede, que fixo tolear na bancada, nada menos que a Tiger Woods.

Logo deste triunfo, Nadal vaise enfrontar en cuartos co seu amigo, o arxentino Diego Schwartzman.

 

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

03/09/2019