CRTVG

Buscar

Rafa Nadal segue arrasando en Roma

Publicado o 19/09/2020 14:36

En Roma segue o paseo triunfal de Rafa Nadal, logo da súa prolongada ausencia das pistas desde o confinamento. O balear desfíxose do serbio Dusan Lajovic por 6-1 e 6-3 en pouco menos dunha hora e media, e meteuse así nos cuartos de final dun torneo que xa gañou nove veces. Alí vaise enfrontar co arxentino Diego Schwartzman, número quince do mundo.

Noticias web

19/09/2020