Rafa Nadal despídese da Copa de Maestros dende o máis alto
Rafa Nadal despediuse da Copa de Maestros no máis alto.
"Honestamente, despois de tantas lesións nunca pensei en recuperar este trofeo aos meus 33 anos e medio".
Nadal recupera o número un do mundo por quinta vez na súa carreira igualando, entre outros, a Federer e a Djokovic. Pasaron xa 11 anos dende que o conseguiu por primeira vez, unha nova fazaña do de Manacor.
"Sinto que houbo uns anos en que tiven oportunidade de ser o número 1 pero non puiden polas lesións. Estou satisfeito de telos igualado despois de anos de lesións."
O balear, gañador de catro títulos esta temporada, necesitaba a derrota de Zverev para disputar unha das semis en Londres. Pero non seu deu. Nadal despídese do torneo cos deberes feitos tras vencer a Tsitsipas.
"Din un paso de nivel importante. Estou satisfeito. Cheguei coa preparación xusta e isto podía suceder. O corpo resistiu ante dous rivais moi complicados"
Mentres apura a súa recuperación, o número un do mundo pon rumbo á nova Copa Davis que durante esta semana disputará na Caixa Máxica madrileña.