CRTVG

Buscar

Rácing-Celta B: duelo polo ascenso, este mércores ás 17 h, na G2

Publicado o 23/02/2021 21:33

A vitoria sobre o Deportivo subiulle as pulsacións ó Rácing e a confianza para alcanzar unha das tres prazas de ascenso. Gañar tamén lle pode quitar o sono a un goleador.

Pep Caballé: "Coa presión e todo custoume coller o sono. De feito fun adestrarme ao día seguinte sen durmir".

Catro días despois repiten na Malata contra un Celta que viña lanzado ata o tropezo desta fin de semana.

Pep Caballé: "O Celta B é un equipazo, pero se queremos estar entre os tres primeiros non poden escapar os puntos".

O filial celeste vén de perder en Barreiro e poñerlle fin a unha serie de 16 puntos sumados de 18 posibles. É o terceiro clasificado e o mellor visitante do grupo. O Rácing, a catro puntos, xogará o terceiro partido ás ordes de Cristóbal. O primeiro foi o empate co Compostela.

Cristóbal: "Desde que cheguei só levamos xogado finais e o equipo está respondendo"

Son baixa Álex López e Jon García. E no Celta faltará Gabri Veiga, convocado coa sub-19.

Noticias web

23/02/2021