CRTVG

Buscar

Racing, Bergantiños, Compostela e Alondras, convencidos do ascenso

Publicado o 23/05/2019 17:21

Semana especial para os equipos galegos de terceira que comezan a fase de ascenso. O domingo pola G2 veremos o Rácing de Ferrol e o Alondras.

Rácing de Ferrol e Xaén xogarán un partido practicamente doutra categoría. Co desexo de que á terceira vaia a vencida o Bergantiños mídese ao Covadonga na primeira eliminatoria.

Igual de optimistas son no Compostela, que tamén xogan na casa o partido de volta da primeira eliminatoria. Enfrontaranse ao Alavés B.

Ilusionado por xogar a fase de ascenso por segundo ano consecutivo, o Alondras enfróntase ao Mensajero co obxectivo de levar a eliminatoria viva ao partido de volta na Palma.

Este encontro e o Rácing de Ferrol-Xaén poderán velos a través da nosa segunda canle o domingo a partir das cinco e media da tarde.



 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

23/05/2019