CRTVG

Buscar

A rotura de cabos impide o rescate do Blue Star, encallado en Ares

Publicado o 23/11/2019 18:25

A rotura de cabos, engadido ás malas condicións climatolóxicas, obrigou a aprazar o remolque do buque Blue Star, encallado no litoral de Ares.

Os cabos preparados entre o barco e os remolcadores romperon impedindo a manobra de salvamento, que deberá agardar ata esta noite ou ata a preamar de mañá domingo.

Os dezaseis membros da tripulación do buque, con bandeira de Malta, continúan no interior do barco, que permanece sen carga.

 

Noticias web

23/11/2019