CRTVG

Buscar

Rábade é o concello con maior incidencia da provincia de Lugo

Publicado o 23/08/2021 13:28

Rábade é o único concello en nivel alto de restricións na provincia de Lugo. Cuns 1.500 habitantes, ten a incidencia acumulada máis alta de toda Galicia: máis de 1.300 casos por 100.000 habitantes.

O aumento dos contaxios detectouse xusto despois do 15 de agosto. Parece que xa había varios casos de persoas maiores que estaban vacinadas, e a eles súmase unha ducia de contaxios novos detectados na última semana. O gromo de Rábade ten casos en Begonte e Outeiro de Rei.

Preocupa outro gromo detectado en Meira e na Pastoriza. E seguen sumando positivos os de Monforte e Barreiros, os dous concellos en nivel de restricións medio.

En total, na provincia de Lugo supéranse os 1.200 casos activos. Hai 4 ingresados máis que o día anterior: dous no hospital de Lugo e outros dous no de Monforte. En total son 35 os enfermos hospitalizados, dos cales cinco están na UCI do hospital de Lugo.

Noticias web

23/08/2021