CRTVG

Buscar

Rábade, A Pobra do Brollón e O Saviñao viven a Semana Santa no nivel dous

Publicado o 01/04/2021 15:37

Na provincia de Lugo hai un total de 37 concellos que levan 14 días sen ningún caso novo. Porén, tres continúan no nivel alto (2) de restriccións con incidencias que superan os 250 casos por 100.000 habitantes.

Son os municipios de Rábade, A Pobra do Brollón e O Saviñao. Este último pasou nunha semana dunha incidencia moi baixa (25 casos por 100.000) a ter, a día de hoxe, 275. Este incremento producíuse por dous gromos: un detectado no colexio e outro no ámbito familiar.

No concello do Saviñao o turismo ten un peso importante na economía local. Por iso, as restricións durante a Semana Santa, sobre todo no que respecta á hostalería, non sentaron nada ben entre a veciñanza.

Noticias web

01/04/2021