CRTVG

Buscar

R, AMTEGA, e TVG lanzan 5 retos tecnolóxicos dirixidos a emprendedores e empresas

Publicado o 25/01/2019 14:01

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e o operador galego R colaboran no desenvolvemento de ideas relacionadas cos contidos dixitais... Un proxecto en que tamén participa esta casa, a Televisión de Galicia. O obxectivo é xerar emprego, fomentar o emprendemento e mellorar os produtos do sector dos contidos dixitais na nosa comunidade. Coñeceremos máis detalles con representantes de cada un dos tres actores implicados.

Xosé Pereira, Director da área de innovación e negocio da TVG
Alfredo Ramos, Director xeral de R
Rosa Méndez, Directora da área de sociedade dixital de AMTEGA

R e AMTEGA lanzan 5 retos tecnolóxicos dirixidos a emprendedores e empresas. O obxectivo é fomentar a innovación tecnolóxica en Galicia e mellorar os produtos do sector de contidos dixitais. A TVG patrocina un reto relacionado co big data aplicado ao consumo televisivo. As ideas pódense presentar ata o 8 de febreiro na web de startups R Dico Challenge. Os seleccionados beneficiaranse da formación, titorización e apoio económico para materializar a súa idea. Tamén se vai crear un espazo startups R na Cidade da Cultura para o desenvolvemento das iniciativas







 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/01/2019