CRTVG

Buscar

Quiroga celebra unha festa de raíces romanas con lexionarios e castrexos

Publicado o 17/08/2019 17:03

Quiroga homenaxea o seu pasado romano cunha festa na que lexionarios e castrexos conviven nunha xornada que ten como prato forte un mercado de artesanía e un desfile de lexionarios pola vila. Para vivir esta festa, a localidade decorou a praza do auditorio con elementos propios da cultura romana, como a fonte de Neptuno e un arco de triunfo. Veciños e visitantes participan activamente desta festa, que se celebra desde hai seis anos, e que entronca co pasado romano da localidade luguesa.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/08/2019