CRTVG

Buscar

Quique González: "O derbi son tres puntos"

Publicado o 15/05/2019 18:22

Con este gol ao Cádiz Quique González igualou a súa mellor marca persoal, dezaseis goles que o colocan de mellor artilleiro da categoría. Coa cana sempre lista, chega a un derbi de necesidade: "Agora máis ca derbi é un partido en que son claves os tres puntos, iso é o que hai que pensar e deixarse de se é fóra, na casa, veñas de gañar, empatar ou perder...".

O Deportivo xa non depende só de si, pero Quique non quere falar do que fagan os rivais pola promoción: "Cando estás pendente do resto e non de ti é cando a cagas. Debemos centrarnos en nós mesmos. Sabemos que somos bos, que facendo as cousas ben estamos sempre preto de gañar e que é moi difícil gañarnos".

A Lugo chegarán os brancos e azuis co curioso cartel de ser o mellor equipo da segunda volta fóra e o segundo peor na casa.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

15/05/2019