CRTVG

Buscar

Quintela dálle un punto ao Burela a cinco segundos do final

Publicado o 27/02/2021 20:30

O Pescados Rubén Burela conseguiu un importante empate en Zaragoza Foi nun partido atípico, no que o equipo laranxa estivo dirixido polo seu preparador físico Alfonso Mera, tras a destitución de Juanma Marrube e agardando pola chegada do novo técnico Sito Rivera. O Burela logrou un punto valioso para a permanencia na cancha dun Zaragoza que loita polo playoff. Os mariñáns colocáronse por diante cun tanto de Álex Diz pero afrontaros os últimos minutos de partido cun 3-2 en contra. A igualada final chegou ao límite co gol anotado por Diego Quintela a cinco segundos do final

Noticias web

27/02/2021