CRTVG

Buscar

Quintana participa na xuntanza da UE sobre a repartición das cuotas pesqueiras no Báltico

Publicado o 14/10/2019 15:23

Nesta xornada abordáronse as posibilidades pesqueiras no Báltico e os estados membros expuxeron os seus posicionamentos e intereses. Malia que non se trata dunha zona especialmente importante para Galicia, si que son moi relevantes as decisions que agora se tomen.

A conselleira Rosa Quintana participa neste cumio e analiza o baremo que se empregue aquí para a repartición das cotas pesqueiras para poder preparar a estratexia con vistas ao mes de decembro, en que se fixarán as cifras para as especies e zonas que si afectan o sector galego.

Mañá será o momento de tomar decisións e tamén de pechar a repartición e a aplicación dos fondos europeos marítimos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/10/2019