Quintana defende unha estratexia común de España fronte ao impacto do 'brexit' na pesca
Publicado o 25/01/2021 13:38
Hoxe houbo Consello de Ministros de Pesca da UE. A conselleira do Mar participou na xuntanza por videoconferencia. Galicia defende a unidade de acción de todas as comunidades fronte ao impacto do brexit. Unha estratexia común de España para mellorar as posibilidades de pesca nas augas compartidas co Reino Unido.
Antes do encontro Rosa Quintana explicou que "despois do acordo do brexit xa perdemos o 25 % das posibilidades de pesca. E, polo tanto, agora debemos centrarnos en maximizar as posibilidades de pesca que temos e en optimizar esas posibles especies que, aínda non sendo obxecto directo para a frota española, si que nos veñen moi ben para a cesión ou intercambio con outros países tamén afectados polo brexit".