CRTVG

Buscar

Quinín, o porco que se salvou da morte pola súa simpatía, fai 10 anos e vive mantido e feliz

Publicado o 07/12/2017 14:25

Ía para chourizos pero acabou de mascota. Quinín, o porco de Dumbría que conseguiu o indulto grazas aos seus modais de can, fai dez anos. Desde o 2008 vive nunha leira de Carral, tranquilo e feliz. É o porco máis famoso de Galicia. E seguramente o máis vello.

Este é Quinín. Acaba de facer dez anos e goza dun bo estado de saúde.

Ten unha caseta de obra onde poder acubillarse se chove, pero non a utiliza moito. El prefire andar por fóra.

Os seus modais de can déronlle fama e apoio no ámbito nacional e así foi como logrou o indulto. No 2008 chegou de Dumbría a Carral e aquí vive tranquilo e feliz.

Nútrese dunha morea de alimentos, pero o que máis lle gusta a Quinín son os doces.

Porque faltar non lle falta de nada. E iso salta á vista. Quinín, de carácter manso e andares tranquilos, pesa xa arredor de 400 quilos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/12/2017