CRTVG

Buscar

Galicia Noticias Mediodía

Quince voluntarios de distintas partes do mundo axudan a limpar o río Mandeo

Publicado o 09/08/2017 14:30

Quince voluntarios de diferentes partes do mundo percorren estes días o río Mandeo, en Betanzos. Son participantes dun campo de traballo internacional e o obxectivo da súa misión é eliminar as especies vexetais invasoras e conseguir un ecosistema con flora autóctona.

Voluntarios do campo de traballo internacional de Coirós, en Betanzos, traballan para conseguir que as beiras do río Mandeo estean limpas e non proliferen máis plantas invasoras.


Os voluntarios veñen de diferentes partes de España, Italia, Francia ou mesmo México.


Polas mañás traballan no leito do río, pero os voluntarios tamén sacan tempo para facer turismo.


E aínda que é un traballo moi caro, algúns xa pensan en volver.


Este é o segundo ano que se organiza este campo de traballo, e os voluntarios non dubidan da importancia de que se siga celebrando.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí