CRTVG

Buscar

Quince días despois de gañar a Supercopa, o Liceo xa pensa na conta pendente dende 2013 coa Liga

Publicado o 23/09/2021 16:05

Gañou a Copa do Rei hai tres meses e a Supercopa hai quince días Pero para o Liceo sempre aparece un novo desafío. Chega a Liga.

Juan Copa: "Temos que gañar, gañar e gañar, é o ADN desta camiseta".

Porque coa Liga hai unha conta pendente dende o 2013, esa conta que non se puido saldar, por moi pouco, o ano pasado: "Quedamos un pouco tocados o ano pasado porque dominamos a liga durante moito tempo e poderiamos tela gañado".

Na grella de saída, un Liceo reforzado e o eterno inimigo, o temible Barça.

"Na profundidade do cadro de xogadores pode que deramos un paso cara a igualdade, pero claramente é o rival a bater".

Tras catro subcampionatos, para Juan Copa chega a hora do asalto ao trono ligueiro.

Noticias web

23/09/2021