Quince concellos en alerta vermella na área sanitaria viguesa
Publicado o 01/11/2020 20:17
Ademais de Vigo, hai outros catorce concellos da súa área sanitaria que permanecen en alerta vermella, é dicir, que superaron os 21 casos activos nos últimos sete días. Este domigo incorporáronse a esta listaxe Tomiño e Moaña, un concello que saltou directamente do nivel amarelo ao vermello polo incremento de positivos.
Hai algo menos dun mes a área sanitaria viguesa mantíñase como unha das zonas de menor incidencia polo coronavirus. Dende entón os casos cuadruplicáronse ata convertérense no foco principal de Galicia.