CRTVG

Buscar

Quince comisións sectoriais traballarán na reforma da Atención Primaria

Publicado o 14/06/2019 15:29

Novo paso no proceso de reforma da Atención Primaria en Galicia. 15 comisións sectoriais traballarán no modelo futuro. Así o decidiu o Consello técnico, integrado por distintos colectivos relacionados coa Sanidade. Danse tres meses para buscar acordos en asuntos como a carteira de servizos ou a mellor coordinación coa atención hospitalaria.

A creación das quince comisións é o principal logro para os colectivos que integran o consello técnico de Atención Primaria. Agardan que sirvan para acordos vinculantes no modelo futuro e limen as discrepancias que se están a encontrar nas negociacións.

 "Seguiremos insistindo en que as medidas que presentan a curto prazo non son suficiente. pero o noso interese é que haxa un verdadeiro cambio no modelo de Atención primaria", explica María Xosé Abuín, secretaria nacional de CIG-aúde 

Piden, por exemplo, integrar en primaria logopedas e psicólogos. Tamén orzamento concreto para mudar o modelo.

O conselleiro de Sanidade reivindica o traballo que se está a facer na sanidade galega: "A única que realmente está facendo un traballo profundo, cun orzamento previsto é Galiica. Nós imos seguir dialogando e buscando a colaboración de todos os estamentos"

As comisións traballarán durante os próximos tres meses. Daquela, se non hai avances, retomarán as mobilizacións. De moemnto, confirman que non participarán na folga convocada polas asembleas de médicos para o próximo mércores.
 

Noticias web

14/06/2019