CRTVG

Buscar

Quince anos de cadea para un veciño de Monforte por abusar dunha menor

Publicado o 22/10/2020 14:48
Quince anos de cadea para un veciño de Monforte por abusar dunha menor

A Audiencia Provincial de Lugo condena a quince anos de cadea un monfortino por agresión sexual a unha menor de idade.

A vítima foi a filla da súa propia parella, que no momento dos feitos tiña quince anos de idade. O agresor terá que indemnizala ademais con 60.000 euros e cumprir unha orde de afastamento de 25 anos.

Noticias web

22/10/2020