CRTVG

Buscar

Quim Torra tomará posesión do cargo de presidente da Generalitat

Publicado o 16/05/2018 20:36

O presidente electo da Generalitat de Cataluña, Quim Torra, tomará posesión mañá, nun acto austero e sen convidados. As negociacións entre o Goberno central e a Generalitat sobre os detalles do acto atrasaron a toma de posesión que, en principio estaba prevista para este mércores. Torra pretende repetir a fórmula que utilizou Puigdemont en 2016, en que evitou calquera referencia á Constitución, ao Estatuto e ao Rei. Con todo, a cerimonia vai ser diferente porque a Generalitat está intervida polo Goberno central a través do artigo 155 da Constitución.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/05/2018