CRTVG

Buscar

Quim Torra rexeita o 24 para a reunión con Pedro Sánchez e propón catro datas alternativas

Publicado o 20/02/2020 08:40
Quim Torra rexeita o 24 para a reunión con Pedro Sánchez e propón catro datas alternativas
O presidente da Generalitat, Quim Torra, enviou unha carta ao xefe do Executivo, Pedro Sánchez, na que lle informa de que, por motivos de axenda, non pode reunirse con el o vindeiro luns, día 24, tal e como propuxo este mércores Moncloa, e proponlle catro datas alternativas: os días 21, 26, 27 e 28 de febreiro. 

Torra remitiu esta misiva a Sánchez despois de que Presidencia do Goberno propuxese a data do 24 de febreiro para constituír a mesa de diálogo entre gobernos. A decisión foi criticada pola Generalitat, que recriminou ao presidente do Goberno que expuxese "unilateralmente" unha data sen antes acordala co presidente catalán.