CRTVG

Buscar

Torra aconsella horarios diferenciados para a saída dos nenos en función das súas idades

Publicado o 25/04/2020 20:06

O presidente da Generalitat amosou o seu desacordo co plan do Goberno central para a saída dos nenos á rúa e aconsellou ás familias catalás horarios diferenciados de mañá e de tarde en función das idades dos pequenos para saír da casa. Quim Torra tamén avanzou que lle vai facer varias propostas a Pedro Sánchez na reunión de presidentes de mañá, entre elas que levante o estado de alarma ou o modifique para que a Generalitat poida recuperar as súas competencias. Asegura que é "absurdo que o desconfinamento se dite a 600 quilómetros de distancia".

"A primeira proposta: levantar o estado de alarma, iso permitiríanos tomar as decisións que consideremos axeitadas para a protección dos nosos cidadáns e a planificación do desconfinamento progresivo cando sexa o momento. Segunda opción que lle daremos ao Goberno español: manter o estado de alarma só nalgúns territorios" "A terceira proposta a Sánchez é modificar o estado de alarma para que a autoridade competente en Cataluña sexa o Govern da Generalitat", dixo Quim Torra

O presidente da Generalitat amosou o seu desacordo co plan do Goberno central para a saída dos nenos á rúa e aconsellou ás familias catalás horarios diferenciados de mañá e de tarde en función das idades dos pequenos para saír da casa. Quim Torra tamén avanzou que lle vai pedir a Pedro Sánchez na reunión de presidentes de mañá que levante o estado de alarma ou o modifique para que a Generalitat poida recuperar as súas competencias. Asegura que é "absurdo que o desconfinamento se dite a 600 quilómetros de distancia".

 

Noticias web

25/04/2020