CRTVG

Buscar

Quim Torra: "Non se poden permitir estes incidentes que estamos vendo"

Publicado o 17/10/2019 08:27

Discurso de Torra ante o Parlament. O presidente da Generalitat comparou España con Turquía por -dixo- usar a xustiza para atacar os disidentes políticos. Despois dun discurso moi duro contra a setenza do procés, Torra desmarcouse da violencia e pediulle diálogo ao presidente do Goberno.

"Non aceptamos a sentenza da ignomia, rexeitámola, porque non condenou só os nosos representantes, condenou a democracia e os máis de 2 millóns de persoas que participaron no referendo. Como xa fixen onte vou facer unha chamada á calma, á responsabilidade e ao civismo. Nós, os independentistas non nos recoñecemos na violencia, non é a nosa linguaxe. Apelo hoxe de novo ao presidente Sánchez a encarar o conflito como fan as democracias para que nin a unidade de España nin a independencia de Cataluña poidan ser escusa para vulnerar dereitos", dixo o presidente da Generalitat.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí