CRTVG

Buscar

Quim Torra: "Non renunciaremos a nada... Cataluña é o primeiro"

Publicado o 08/02/2020 21:51

Quim Torra asegurou hoxe nun acto de JxCat "que Cataluña é o primeiro e que non renunciarán a nada". Puigdemont, por videoconferencia, amosou a súa desconfianza recpecto á vontade de Pedro Sánchez. Pola súa banda, os socialistas recoñecen os esforzos de ERC, pero o PSC augura que Torra acabará boicoteando o diálogo iniciado.

Acto de JxCat en Barcelona, nel participaban Quim Torra e Carles Puigdemont, por videoconferencia...

Antes, falaban consellers e outros cargos do partido, coma Laura Borrás... que lle lanzaba unha mensaxe a Pedro Sánchez. Dicíalle "non renunciaremos a nada" e aseguraba que a chamada "axenda do reencontro" por parte da Moncloa... ten un "tufo colonial".

Quim Torra na súa intervención salientaba que non quedaron paralizados pola represión, que lle plantaron cara ao Estado e "que Cataluña está por riba de todo".

Tras Quim Torra, Carles Puigdemont interviña por videoconferencia. Destacaba que "sen principios non se pode facer política e ironizaba sobre a visita de Sánchez ao Palau.

Pola súa banda, a portavoz socialista no Congreso dos deputados, Adriana Lastra, que inauguraba esta mañá o congreso do PSC de Xirona, non mencionaba nin a Puigdemont, nin a Torra nin a JxCat, pero si falaba de ERC...

O PSC aseguraba que Quim Torra buscará boicotear o recentemente estreado diálogo con Cataluña.

Noticias web

08/02/2020