CRTVG

Buscar

Quico Ónega: "O obxectivo do banco de terras é dinamizar a mobilidade dos terreos"

Publicado o 31/10/2019 11:16
Quico Ónega: "O obxectivo do banco de terras é dinamizar a mobilidade dos terreos"

Quico Ónega, investigador do Laboratorio do Territorio da USC, falou no Bos días do banco de terras, un organismo da Xunta que serve de intermediación no alugueiro de leiras rústicas. O seu obxectivo é dinamizar esta mobilidade de terras e prestar especial atención a zonas malia estar abandonadas teñen unha alta aptitude produtiva e darlle un aproveitamento activo.

O banco de terras naceu non 2006 como ferramenta contra o abandono rural e o minufundismo. O seu principal destino é o uso agrícola e gandeiro. A día de hoxe tamén recolle a posibilidade do uso forestal ou ambiental. Tamén garante o pago do alugueiro e o cumprimento dos prazos do contrato, que é de 70 anos para uso forestal e 15 para o agrario.

En Galicia hai 10.500 parcelas no banco de terras das que 1.700 están alugadas. O banco de terras nútrese de masas comúns das concentracións parcelarias e de leiras privadas incorporadas de xeito voluntario. As provincias de Ourense e Lugo é onde máis leiras se incorporaron pola abandono do uso da actividade agrogandeira.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí