CRTVG

Buscar

"Quero saber o motivo. Non me colle na cabeza", asegura a irmá de José Luis Abet

Publicado o 18/09/2019 13:50

A irmá de José Luis Abet, o asasino confeso do triplo crime de Valga, estaba xunto a súa nai na casa familiar da parroquia de Ortoño, en Ames, cando Abet foi detido pola Garda Civil. Ela e a súa familia están rotos polo tráxico suceso.

"Eu quero saber o motivo, o porqué, é que non me colle na cabeza, sei que o fixo porque el o dixo e veu aquí e botou as mans á cabeza. Eu estaba na casa e xa vin que botou as mans á cabeza, e que viña a Garda Civil e todo. Eu creo que toleou, non dou creto", di María Luisa Abet, irmá de José Luis Abet.

A nai do autor confeso precisou atención médica no momento da detención de seu fillo, José Luis Abet, que vivía desde hai meses con ela e a súa irmá María Luisa nesta casa, seu pai falecera hai uns meses. 

"Botou anos sen vir aquí, dicía que a súa familia eran eles, chamounos en decembro do ano pasado e dixo: mamá, estou durmindo debaixo dunha ponte nun coche desde hai oito meses", asegura.

Tanto a irmá como a nai do autor confeso séntense totalmente conmocionadas polo sucedido. A María Luisa gustaríalle saber de seus sobriños.

"Nós dos nenos claro que queremos saber, os nenos toleaban con nós, estaban xenial aquí. Non sei nada por agora, vin na prensa que estaban cun familiar, eu non sei, eu síntoo moito pola súa familia".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/09/2019