CRTVG

Buscar

Queres formarte en ciberseguridade? En Galicia ofértanse un cento de prazas o curso que vén

Publicado o 06/08/2020 15:08

Hoxe en día os expertos en ciberseguridade son moi cobizados polas empresas, tanto que este curso empezarán a impartirse títulos de especialización para os alumnos que remataron os graos superiores de FP de informática e comunicacións e electricidade e electrónica.

En Galicia ofertaranse unhas cen prazas. Ao tratarse dunha formación adaptada ao que demanda actualmente o mercado a empregabilidade é prácticamente absoluta, tanto que incluso hai empresas que os reclaman antes de que rematen a especialización.

José Manuel Leis, director do Centro Integral de FP Politécnico de Santiago de Compostela, recoméndalles paciencia tanto aos alumnos coma ás empresas.

Un estudo do centro para a ciberseguridade e educación prevé que no 2022 haberá en Europa uns 350.000 empregos sen cubrir no sector da ciberseguridade, e se a isto lle sumamos que os salarios son moi bos por tratarse de perfís superespecializados podemos concluír que estamos ante unha profesión con moito futuro.

Fernando Jiménez, xerente de Gradiant-Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións, anima os rapaces a estudar esta especialización; di que as empresas demandan cada vez máis profesionais da ciberseguridade e que ademais é unha profesión que está ben pagada.

Amais da especialidade en ciberseguridade, no curso 2020-2021 implemetaranse as titulacións de Dixitalización do Mantemento industrial e Fabricación Intelixente.

Noticias web

06/08/2020