CRTVG

Buscar

Curso en Redondela para dar a coñecer as tubas e os bombardinos

Publicado o 09/06/2019 21:39

O bombardino é un dos instrumentos musicais menos coñecidos. Para acabar con ese descoñecemento, a Asociación Española de Tubas e Bombardinos organizou este domingo un curso en Redondela. Os participantes deron boa conta da versatilidade destes instrumentos.

Preto de 30 participantes se animaron a compartir experiencias nesta xornada sobre os seus instrumentos preferidos: a tuba e o bombardino. Queren facelos máis coñecidos entre o público.

Entre os músicos atópamolos de todas as idades, porque tanto a tuba coma o bombardino conseguen namorar tamén os máis novos.

Despois de toda unha xornada compartindo experiencias, chegou o momento de demostrar as súas capacidades nun concerto que encheu o auditorio redondelán de Trasmañó.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/06/2019