CRTVG

Buscar

Querela da comunidade de montes de Tameiga, que solicita a paralización de Afouteza

Publicado o 16/12/2020 14:58

A comunidade de montes de Tameiga presentou unha querela no xulgado do Porriño polas obras da recentemente inaugurada Cidade Deportiva Afouteza. Querela admitida.

A querela diríxese contra o presidente do Celta, Carlos Mouriño; a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a súa xunta de Goberno local.

Os comuneiros denuncian que as obras realizadas, e que inclúen a construción de vestiarios e campos de fútbol, foron realizadas nos terreos da súa propiedade en Pereiras e, segundo alegan na denuncia, non se axustan ás licenzas concedidas polo concello.

Os comuneiros piden a paralización inmediata da actividade deportiva que se realiza en Afouteza.

Noticias web

16/12/2020