CRTVG

Buscar

Quer di que a información sobre a suposta violación a Valeria non é certa

Publicado o 06/12/2018 08:52

Un xulgado de Sepúlveda investiga unha suposta violación a Valeria, a irmá pequena de Diana Quer. Segundo informa o xornal El Norte de Castilla, a agresión sexual produciuse cando Valeria aínda era menor de idade. A familia asegura que a noticia non se axusta á realidade.

A Valeria Quer viámola a semana pasada xunto aos seus pais na inauguración dunha praza en Pozuelo que leva o nome da sua irmá, Diana. Segundo publica El Norte de Castilla, Valeria presentou unha denuncia de violación nun xulgado de Sepúlveda. Os feitos produciríanse durante unha viaxe que a moza realizou dende Madrid a Sepúlveda acompañada por un amigo. Durante unha parada, o acompañante agrediu sexualmente a Valeria, que agora conta con 18 anos.

A xuíza que leva o caso, publica o citado xornal, ordenaría máxima discreción a todos os traballadores para evitar filtracións. Consultado pola Televisión de Galicia, Juan Carlos Quer asegura que a noticia non se axusta á realidade, ao mesmo tempo que pide respecto para a intimidade da familia.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/12/2018