CRTVG

Buscar

Manuel Chaves, no xuízo dos ERE: "Non sabía como se daban as axudas"

Publicado o 17/04/2018 11:40

No xuízo da peza política dos ERE, quenda hoxe para o ex-secretario de Emprego da Junta. Juan Francisco Sánchez afronta a petición de oito anos de cadea por malversación e prevaricación. Onte o ex-presidente socialista Manuel Chaves dixo que sabía das axudas, pero asegurou descoñecer como se repartían.

Manuel Chaves estivo 19 anos á fronte do Goberno andaluz. Durante a metade dese tempo repartíronse os 850 millóns de euros entre empresas en crise que agora están baixo sospeita.

Chaves descoñecía o convenio entre Emprego e a empresa pública IFA, logo IDEA, que pagaba esas axudas. Tampouco lle chegaron os informes do interventor que en 2005 alertou do uso inadecuado desas transferencias de financiamento, transferencias, dixo, que cada ano recibian o visto e prace do Parlamento andaluz. Chaves dixo que nas xuntanzas do Consello de Goberno non baixaban ata o detalle de cada partida presupostaria, e amparouse no principio de confianza nos seus conselleiros.

O ex-presidente andaluz afronta 10 anos de inhabilitación polas presuntas irregularidades na concesión de prexubilacións e axudas a empresas con problemas baixo o seu mandato.

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/04/2018