CRTVG

Buscar

Quen prepara os informes cos que traballa o comité clínico?

Publicado o 03/08/2021 15:58

O comité clínico toma decisións en base a datos obxectivos. A incidencia, as características dos gromos e a presión hospitalaria son algunhas das variables que estudan os expertos. 

Pero, quen elabora os informes cos que traballa o comité? Detrás de cada un deles está o esforzo dun equipo multidisciplinar que día a día analiza con detalle a situación de cada concello galego. Hoxe quixemos coñecelos. 

Matemáticos, estatistas e outros profesionais da rama sanitaria. Dende hai meses danlles forma aos datos da covid en Galicia. Ánxela é unha das persoas encargadas de elaborar o informe que en cada xuntanza do comité clínico serve de base para tomar as decisión fronte á pandemia.

Empréganse programas informáticos que permiten cruzar os datos, facer comparativas e predicir a evolución das vagas. Téñense en conta todas as variables.

Un traballo minucioso, imprescindible para que os expertos poidan tomar as decisións axeitadas e controlar a propagación do virus.

Noticias web

03/08/2021