CRTVG

Buscar

Queixo Tetilla fai campaña para ter unha emoticona propia na Rede

Publicado o 28/08/2020 15:00

Temos o polbo, o marisco, a vaca, o millo, a castaña ou o mel, pero non temos ningunha emoticona única e exclusivamente galega, malia que iso pode cambiar.

Coa campaña 'Whatsapp libre de buracos', Queixo Tetilla quere conseguir apoios para incluír esta forma protexida na oferta de emoticonas da rede. A secretaria do consello regulador, Marisé Mosteiro, di que sería "algo importantísimo" para eles, e cre que "moita xente o utilizaría". Así o confirman na rúa, e este xeito de promover o queixo parécelles un acerto.

Unha emoticona galega e con denominación de orixe protexida circulando pola Rede. A campaña para conseguilo está aberta ata o vinte de setembro.

Noticias web

28/08/2020