CRTVG

Buscar

Queixo Tetilla entrega os premios Cheos de Vida

Publicado o 12/04/2019 16:39

O consello regulador Queixo de Tetilla entregou hoxe os primeiros premios Cheos de Vida.
Os ganadores desta primeira edición foron Down Galicia e Fundación Amigos de Galicia, elixidos entre as 47 asociacións que se presentaron, todas elas dedicadas a labores sociais.

De feito, o obxectivo desta convocatoria, que terá novas edicións, é colaborar con agrupacións que axudan a colectivos desfavorecidos como Down Galicia, ou en risco de exclusión social, como a Fundación de Amigos de Galicia.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/04/2019