CRTVG

Buscar

Queixas polo ruído das obras do AVE en Ourense que se fan de día e de noite

Publicado o 14/05/2019 22:05

As obras para a entrada do AVE en Ourense, que se executan día e noite para cumprir os prazos, están a xerar protestas entre a veciñanza máis próxima, sobre todo polo ruído. Porén, hai quen acepta soportar con resignación as molestias, polo ben da cidade.

Este barullo causado polo picador automático que traballa nas obras de adaptación da vía para o AVE na vella estación de San Francisco, trae de cabeza os residentes nos edificios lindeiros. Un ruído que non cesa nin pola noite.

Pero non só molesta a maquinaria pesada. Un extractor de po instalado á entrada do túnel, ademais dun xerador de enerxía eléctrica, son as fontes de ruído das que se queixan os veciños.

Con todo, non son poucos os residentes que aceptan os trastornos causados polas obras, que comezaron a semana pasada. Din que é a peaxe que deben pagar para ter unha boa infraestrutura de transporte.

Segundo os prazos que manexa o Ministerio de Fomento, as obras deben estar rematadas antes da fin deste mes. Se nada se torce, xa quedan, logo, poucas semanas de sufrimento.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/05/2019