CRTVG

Buscar

Queixas polas obras da rúa Marcelo Macías en Ourense

Publicado o 24/08/2020 14:24

Desvíos e máis desvíos. A rúa Marcelo Macías de Ourense presenta un aspecto ben distinto do habitual. Esta é unha das estradas máis concorridas habitualmente para entrar e saír da cidade. Os condutores e sobre todo os veciños levan anos reclamando a súa mellora. Agora teñen por diante meses de obras.

Entre os comerciantes todos coinciden na necesidade dos traballos, pero coidan que algunhas cousas non se están a facer como se debería.

Os preparativos para as obras comezaron hai unha semana, co corte das rúas, a sinalización vertical e os desvíos, así que os veciños empezan xa a atoparse con dificultades no seu día a día.

Din que non lles queda outra que armarse de paciencia e confiar en que as obras rematen dentro dos prazos previstos.

Noticias web

24/08/2020