Demandan cumprimento do distanciamento social no ensanche de Santiago
O incumprimeto das medidas de distanciamento social nas terrazas e locais hostelería está a preocupar e moito aos veciños do Ensanche compostelán, unha zona onde conviven xente maior e, polo tanto, de risco cos universitarios que estes dias se incorporan ás aulas.
Demandan que se fagan cumprir con máis contundencia as normas impostas pola Covid-19.
Xosé Manuel Durán, presidente da Asociación Reigame, indica que existe preocupación no Ensanche por como certos locais hostaleiros da zona que permiten o incumprimento das medidas de distanciamento social precisas na actual situación.
"En concreto son dous puntos na rúa Frai Rosendo Salvado e na rúa Nova de Abaixo onde non se mantén e xa llelo comentamos aos propios hostaleiros que poñan un pouco da súa parte e manteñan esas mesas e non de abandonarse e deixar a monte", comenta Durán.
Coa incorporación dos universitarios ás clases e o ocio nocturno pechado, preocúpalles a proliferación de festas nos pisos onde as medidas son incontrolables e piden actuacións contundentes, como que os propietarios inclúan nos contratos de alugueiro cláusulas sancionadoras ou disuasorias que eviten estas celebracións.