CRTVG

Buscar

Queixas pola sucidade que deixan os estorniños en Lugo

Publicado o 04/02/2019 14:29

Esta é a danza que milleros de estorniños representan canda día xunto aos parques urbanos de Lugo. Estímase que na cidade hai unha poboación que ascende aos 15.000 exemplares e as súas bandadas están compostas por dúas especies que chegan á cidade buscando calor e fuxindo das aves depredadoras.

Os seus sincronizados voos chaman a atención de quen os contempla, pero alá por ande pasan deixan todo cuberto de excrementos. Os veciños denuncian esta situación dado que deixan todo perdido. Na contorna dos parques os coches, os bancos e os columpios dos nenos nos se salvan da súa pegada.

O Concello realiza campañas de control dos estorniños pero os veciños consideran que son insuficientes e que se precisan de novas medidas para afrontar mellor a convivencia con estas aves.

Noticias web

04/02/2019