CRTVG

Buscar

Galicia Noticias Mediodía

Queixas pola presenza de ratas na cidade vella da Coruña

Publicado o 18/04/2016 14:17

Na cidade vella da Coruña as queixas multiplícanse estes días polas numerosas ratas que hai na zona. Os veciños din que hai moito tempo que non se fai ningunha campaña de resratización nestas rúas.

Estamos na cidade vella da Coruña, ao lado da praza de Azcárrega. E o que ven é unha das moitas ratas que campan ao seu aire na zona. Xa non se ven soamente á noite, polo día é algo habitual. Os veciños aseguran que se trata xa dun problema de saúde.

A insalubridade amoréase nas casas que levan moito tempo en ruínas. A acumulación de lixo xunto á xente que lles dá de comer aos gatos e os que non recollen os restos dos cans fan que as ratas se multipliquen.

Os veciños reclaman unha campaña de desratización nesta zona histórica de Coruña e tamén de limpeza que remate coa sensación de abandono do barrio.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí