CRTVG

Buscar

Queixas pola gran cantidade de excrementos de cans no adarve da muralla de Lugo

Publicado o 08/03/2018 14:22

A gran cantidade de excrementos de cans que se pode ollar a diario no adarve da muralla de Lugo provoca as queixas dos viandantes. A maioría reclama que se sancionen os donos dos animais que non recollen as deposicións.

Isto é Patrimonio da Humanidade. Isto tamén. Mais isto non o é. Isto é unha porcallada que se repite a diario por todo o adarve da muralla de Lugo. A maioría dos donos dos cans recollen as súas deposicións, pero moitos non o fan. Como consecuencia, os varredores teñen que pasar a recoller os excrementos dúas veces ao día. 

Para evitar que estas imaxes deixen de ser cotiás, os lugueses reclaman que sexan sancionados os donos que non recollan os excrementos dos seus cans. E mesmo hai quen vai máis alá e propón, directamente, que se prohíba o acceso destes animais ao adarve da muralla. 

Tamén hai quen deixa as defecacións metidas en bolsas, coa excusa de que na muralla non hai papaleiras, pero o certo é que poden tirar o lixo en calquera acceso.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/03/2018