Queixas pola escaseza de trens de Lugo a Madrid
Só hai un tren que sae de Lugo cara a Madrid en todo o día. Parte ás 11.10 da mañá e chega á capital ás 17.56. É dicir, case sete horas, que converten a Lugo na capital de provincia dende a que máis tempo leva chegar a Madrid.
Antes do estado de alarma eran 4 os trens diarios e agora só queda este que, ademais, ten un horario que tampouco satisface os usuarios posto que obriga a pasar nos vagóns boa parte das horas útiles do día.
No traxecto de hoxe tan só dúas persoas subiron ao tren na estación luguesa e unha delas non ía para Madrid. Por iso, as asocacións veciñais de Lugo reclaman melloras profundas nas comunicacións ferroviarias de Lugo.
"Por riba de só haber un, tampouco ten un horario que permita unha boa organización. Eu creo que se se da un bo servizo é máis doado que aumenten os usuarios", quéixase Valentín Arias, da Unión de Asociacións Veciñais de Lugo.
Ademais de a Madrid, tamén se reduciron o número de traxectos en tren dende Lugo hacia Barcelona e Bilbao, que, ademais se prolongan por case doce horas no caso da cidade condal.
Curiosamente, o número de pasaxeiros que viaxaban dende a cidade das murallas ata Madrid se incrementou en case un 40% dende 2016 coa incorporación dos catro trens diarios. Agora a situación mudou radicalmente. O tren lugués fai paradas en Sarria e Monforte antes de abandonar a provincia.